lunes, 3 de septiembre de 2012

Un día...


Gustábanme aqueles paseos coas miña curmá. Falabamos dunha cousa e doutra, nada en especial. Ás veces limitabámonos a percorrer caladas aquel treito de camiño que nos separaba das nosas casas. Fose como fose, sentíame tranquila, en paz.


Un día espertas e decátaste de que esa mañá non terás que correr para coller o autobús, que as aulas dun instituto son agora aulas dunha facultade ou despachos e que se queres un bocadillo de nocilla á merenda terás que facelo ti.
Un día espertas e decátaste de que o tempo pasa á présa, que eses paseos xa non son a diario, senón cada varias semanas e que a vida pode levar lonxe á xente que che importa. Pero, con sorte, ese mesmo día, decataraste de que os bos momentos sempre permanecen e que, cando dúas persoas o queren, non é lonxe estar a un voo de distancia.