Gustábanme aqueles
paseos coas miña curmá. Falabamos dunha cousa e doutra, nada en especial. Ás
veces limitabámonos a percorrer caladas aquel treito de camiño que nos separaba
das nosas casas. Fose como fose, sentíame tranquila, en paz.
Un día espertas e
decátaste de que esa mañá non terás que correr para coller o autobús, que as aulas
dun instituto son agora aulas dunha facultade ou despachos e que se queres un
bocadillo de nocilla á merenda terás que facelo ti.
Un día espertas e
decátaste de que o tempo pasa á présa, que eses paseos xa non son a diario,
senón cada varias semanas e que a vida pode levar lonxe á xente que che
importa. Pero, con sorte, ese mesmo día, decataraste de que os bos momentos
sempre permanecen e que, cando dúas persoas o queren, non é lonxe estar a un
voo de distancia.
Hoxe en día, ningunha distancia pesa.
ResponderEliminar