lunes, 3 de septiembre de 2012

Un día...


Gustábanme aqueles paseos coas miña curmá. Falabamos dunha cousa e doutra, nada en especial. Ás veces limitabámonos a percorrer caladas aquel treito de camiño que nos separaba das nosas casas. Fose como fose, sentíame tranquila, en paz.


Un día espertas e decátaste de que esa mañá non terás que correr para coller o autobús, que as aulas dun instituto son agora aulas dunha facultade ou despachos e que se queres un bocadillo de nocilla á merenda terás que facelo ti.
Un día espertas e decátaste de que o tempo pasa á présa, que eses paseos xa non son a diario, senón cada varias semanas e que a vida pode levar lonxe á xente que che importa. Pero, con sorte, ese mesmo día, decataraste de que os bos momentos sempre permanecen e que, cando dúas persoas o queren, non é lonxe estar a un voo de distancia. 

miércoles, 22 de agosto de 2012

Better Together.


Soa:  “Better Together”


                                                               “Adiante. Sempre adiante. Pero collidos da man.”







Camiñar é unha das primeiras cousas que facemos cando somos pequenos; pero por moito que pensemos que dominamos a técnica perfecta, non debemos esquecer que a aprendizaxe dura toda a vida.
En ocasións, o medo paraliza os nosos pasos e cómpre aprender a camiñar co peso dos nosos temores. Noutras, o desexo de non quedar atrás fainos acelerar demasiado, ata que comprendemos que cada un ten un ritmo diferente.
Hai momentos nos que desexamos correr sen mirar atrás. Outros, nos que demoramos os nosos pasos coa esperanza de retardar ou paralizar o tempo. Existen intres nos que cremos que é case imposible manterse en pé, nos que o equilibrio parece imposible. E hai veces nas que, simplemente, estamos cansos e non nos apetece camiñar.
Pero existen outros momentos, os meus preferidos, nos que podes correr, saltar ou camiñar á pata coxa o tempo que desexes porque sabes que, aínda que caias, a man que te suxeita estará xusto ó teu lado para axudarche a levantarte.

Porque “it’s always better when we’re together”.


jueves, 16 de agosto de 2012

Teorizando acerca de la felicidad




Se había pasado media vida teorizando acerca de la felicidad. Había peleado con todas sus fuerzas por alcanzarla, había intentado burlar a la ironía y había hecho lo imposible de lo imposible para hacerse un hueco en la tierra de los dichosos. En algunos momentos, había creído que estaba a punto de poder tocarla con la yema de los dedos y había sufrido al caer y topar de frente con la realidad. Había derramado muchas más lágrimas de las que debía imaginando sueños imposibles que, tiempo después, supo que no tenían que cumplirse. Casi se había rendido cuando comprendió que su búsqueda no tenía sentido. Porque es la felicidad la que, antes o después, de un modo u otro, termina encontrándonos.

Y en aquellos momentos, acurrucada entre sus brazos en mitad de la noche mientras se contaban sus más profundos secretos, no podía sentir otra cosa que no fuese felicidad.

jueves, 5 de julio de 2012




" Ás veces fáltannos palabras
e ás veces sóbrannos.
Ás veces fáltanos o tempo de dicilas
e ás veces pásanos o tempo de calalas."
(Baldo Ramos)








Neste caso, teño a certeza de que sobran as palabras; pero ó mesmo tempo non quero deixar que pase o tempo sen berralas ós catro ventos.

Sempre estarei segura.

miércoles, 6 de junio de 2012



E quíxenvos moi tristemente a todas
as que forades rapidamente eu (un pouco).
"Señoras do pasado" - X.L Méndez Ferrín


Non máis cinzas.
Non máis fume.
Non máis follas caídas nin máis sombras.
Non máis po.
Ou toneladas do po queveniano que dota ás cinzas de sentido.
Destinguidos, esluídos, expulsados quedan os “tis” rápidos. Antóllasenos un “ti” constante, perenne, imperecedoiro.

martes, 1 de mayo de 2012

Que...


"Que sexa cazador de soños e pirata de ilusións. Que desexe navegar a praias non descubertas para perderse comigo. Que adore os venres e deteste os erros de ortografía. Que o poña nervioso o contacto físico con descoñecidos; pero que busque as miñas mans na escuridade. Que lle gusten as caricias nas costas e os bicos por sorpresa. E que me minta dicíndome que estou preciosa ó levantarme. "

miércoles, 1 de febrero de 2012

Días un e perfume de xogo.









Tu aquí y ahora. Tu dentro de un tiempo. Tu febrero, tu abril, tu julio y tu diciembre. Tu infinito.

martes, 31 de enero de 2012

Compostela.



Testemuña pétrea do ir e vir de paixóns desenfreadas e medos contidos. Tesoureira muda de historias sen nome, cruce de camiños sen dirección que sempre levan a algunha parte. Vixía de miles de noites estreladas, de noites sen fin. Confidente dos máis escuros segredos. Cómplice das historias máis entenrecedoras. Compostela, por fin, está tomando sentido.

lunes, 16 de enero de 2012

Hoxe.

Soa: The Story - Brandi Carlile

Hoxe.

Hoxe volvín. Volvín a ese lugar que abandonei hai xa catro anos e, a pesar do paso do tempo, non puiden evitar sentirme coma na casa.
Hoxe camiñei de novo por corredores que seguen vivos na miña mente, rescatei dos caixóns do recordo as caras coñecidas daqueles que compartiron comigo seis anos das nosas vidas. Hoxe, lembreime de centos de ilusións e esperanzas mesturadas con leccións de lingua, historia e matemáticas.
Hoxe o po de xiz ule a vellos amigos, as cadeiras e as mesas volveron ser antigas cómplices de vellos segredos e os chanzos de cada escaleira convertéronse na memoria dos retos superados. Hoxe, as pedras das paredes berraron as historias que día tras días fomos escribindo nelas.
Hoxe recordei con forza a amigos que foron, amigos que son e amigos que serán e o aroma dos nervios e dos medos pasados diluíuse co dos risos e os bos momentos.
Hoxe volvín, e recordei o que me fai estar onde estou, facer o que fago. Hoxe tiven de novo ganas de escribir. Moitas. E os azos desa persoa que dende hai un tempo se fixo cun oco tan importante na miña vida cobraron forma para darlle vida a estas novas pingas de tinta.
Pingas de tinta que nacen coa vontade de enmarcar recordos, rexistrar vivencias, darlle forma á ficción literaria dunha imaxinación soñadora. Pingas de tinta que se erixen dende este recuncho do mundo onde os berros son en voz baixa e os murmurios berrando. Pingas de tinta cargadas coa auga de centos de desexos e inquedanzas coas que intentarei tinguir as páxinas en branco dunha historia.