Testemuña pétrea do ir e vir de paixóns desenfreadas e medos contidos. Tesoureira muda de historias sen nome, cruce de camiños sen dirección que sempre levan a algunha parte. Vixía de miles de noites estreladas, de noites sen fin. Confidente dos máis escuros segredos. Cómplice das historias máis entenrecedoras. Compostela, por fin, está tomando sentido.
Fermoso texto, ou máis ben fermosa forma na que empregas a nosa lingua natal. Aínda que teño que dicir que en Compostela tódolos camiños levan ós mesmos 3 sitios, esas 3 prazas que marcan os dous eixes da cidade, parte vella, parte nova e punto de enlace.
ResponderEliminarun saúdo dende a miña illa