lunes, 18 de marzo de 2013

Familia



É bonito ver que, co paso dos anos, algúns vínculos non desaparecen, senón que se fan máis fortes. É marabilloso ter unha "familia" en Compostela. Alguén disposto a tomar chocolates quentes ó saír de clase, recollerte en coche onde sexa ou escoitarte cando necesitas falar. Alguén que se preocupa por ti e por quen te preocupas. A fin e ó cabo, iso é unha familia, non?
Pois hoxe cumpre anos unha das persoas máis importantes da "familia" que teño aquí. Unha desas persoas ás que queres ter cerca por moito tempo que pase. Unha desas ás que, aínda que a vida vos leve lonxe a un do outro, invitarás á túa casa polo Nadal. ;)

1 comentario: